19 Outubro, 2025
Andaina Solidaria, co Concello de Baños de Molgas.
O 19 de outubro participamos na XIV Marcha Solidaria no concello de Baños de Molgas. A nosa presidenta, Susana Fdez, veu representar a nosa organización. A pesar do mal tempo, non faltou xente valente que decidiu participar, tanto no tramo curto como no longo da ruta.


