9 Marzo, 2025
AODEMPER e Runmaniak únense para organizar a carreira solidaria “Son libre para correr” en Ourense
Este evento, que ten como obxectivo recadar fondos para a investigación e o apoio ás persoas afectadas por enfermidades neurolóxicas e raras, celebrouse o 9 de marzo de 2025 na cidade de Ourense.
carreira “Son libre para correr” quere subliñar especialmente o papel das mulleres que, a pesar das dificultades que poden afrontar loitan día a día por superarse e seguir adiante. A participación activa das mulleres en carreiras como esta non só promove a súa inclusión e o seu benestar físico e mental, senón que tamén serve para sensibilizar á sociedade sobre as realidades que afectan ás mulleres que viven con enfermidades neurolóxicas e raras.

