AODEMPER inaugura a súa nova sede.
Noticias

Noticias

4 Xuño, 2026

AODEMPER inaugura a súa nova sede.

AODEMPER inaugurou oficialmente onte a súa nova sede no Couto, un espazo máis amplo, accesible e mellor equipado para atender a persoas con esclerose múltiple, enfermidade de Parkinson e enfermidades raras, así como ás súas familias. A asociación ourensana sen ánimo de lucro trasladouse a finais do ano pasado a un local situado no número 13 da rúa Francisco Llorens Díaz, unha localización máis céntrica e visible

Durante o acto de inauguración, a presidenta de Aodemper destacou que a nova sede representa o seu compromiso de seguir ofrecendo un lugar de apoio e compañía. “Co paso dos anos, fomos construíndo algo que vai moito máis alá dun servizo ou dun lugar ao que acudir. Fomos creando unha comunidade de apoio, encontro e acompañamento mutuo”, afirmou. Tamén expresou o seu agradecemento polo traballo da xunta directiva, do equipo profesional, dos voluntarios, das familias e dos socios.