II Edición Partners Day Crossfit inclusivo
RunManiak e Crossfit Ourense organizan a II Edición do Partners Day Crossfit inclusivo polo Día Nacional da Esclerose Múltiple no que participarán, xunto a 10 equipos locais, usuarias e usuarios da Asociación Ourensá de Esclerose Múltiple, Párkinson e Enfermidades Raras (AODEMPER).
Presentación
O martes día 13 de decembro ás 12:00h realizarase unha Rolda de prensa sobre a II Edición do Partners Day Crossfit Inclusivo presentada por Mª Susana Fernández, presidenta de AODEMPER; Lalo Arce, director de RunManiak e Christian González, director de Crossfit Ourense no salón de actos do Centro Cultural Marcos Valcárcel (Rúa do Progreso, 30, CP: 32003 – Ourense).
Sobre o evento
Celebrarase o 17 de decembro ás 16:00h nas instalacións de Crossfit Ourense (Paseo dá Praia Fluvial, 8, CP: 32001 – Ourense).
Participarán 10 usuarias e usuarios de AODEMPER con Esclerose Múltiple. Cada unha/o delas/apadríñavos a un equipo e participa con el no evento deportivo. Así, conseguimos tres obxectivos clave nun día tan especial: inclusión, visibilidade e sensibilización social.