Actividades culturais do Área Social de AODEMPER
Desde a área Social da Asociación Ourensá de Esclerose Múltiple, Párkinson
e Enfermidades Raras (AODEMPER) programáronse dúas actividades culturais destinadas ás usuarias e usuarios de todas as entidades sociais que están integradas no Edificio de «AIXIÑA»:
CINECLUB PADRE FEIJOO
luns 11 de setembro ás 16:00h no Salón de Actos do Edificio de AIXIÑA
Manuel Precedo Barbeito, director do Cineclub Pai Feijoo, deleitaranos coa súa sabedoría e experiencia no ámbito cinematográfico nunha amena xornada cultural o 11 de setembro ás 16:00h no Salón de Actos do Edificio de AIXIÑA.
EXPOSICIÓN E CHARLA ALREDEDOR DA CULTURA DOS HÓRREOS
luns 25 de setembro ás 17:00h en Sálgaa VIP do Edificio de AIXIÑA
* lugar pendente de confirmación
Arturo Fernández Araújo, tras 37 anos traballando da man de diversos arquitectos na provincia de Ourense, expoñerá unha colección de material etnográfico sobre hórreos e outros sistemas de secado, cereais, etc. para AODEMPER o 25 de setembro ás 17:00h.
A exposición complementarase cunha charla sobre esta temática.
Cabe destacar que o mencionado etnógrafo xa realizou 11 exposicións itinerantes coa Deputación Provincial de Ourense en distintas vilas como Cartelle, Celanova, Vilanova dos Infantes, Cea, Maceda, Melón, etc., e máis de 100 en distintos centros educativos.