Paseo da Saude
A Consellería de Servizos Sociais, Igualdade, Participación Veciñal e Sanidade do Concello de Barbadás (Ourense) organizou o II Paseo da Saúde no que, entre outras asociacións, participa AODEMPER coa instalación dunha mesa informativa na Avenida de Celanova (A Valenzá) de 11:00 a 13:30h e de 17:30 a 20:30h para dar a coñecer o seu labor e visibilizar ás persoas afectadas por enfermidades neurodegenerativas coas que traballamos Esperámosvos!