Campaña “Pon unha etiqueta positiva” polo Día Mundial do Párkinson
Noticias

Noticias

  • Home
  • Eventos
  • Campaña “Pon unha etiqueta positiva” polo Día Mundial do Párkinson
6 de Abril de 2021

Campaña “Pon unha etiqueta positiva” polo Día Mundial do Párkinson

Con motivo do 11 de abril, Día Mundial do Párkinson, a Asociación Párkinson Ourense, xunto coa Federación Española de Párkinson (FEP) e as asociacións de párkinson de España, lanzamos a campaña “Pon unha etiqueta positiva”, co obxectivo de dar visibilidade ao impacto emocional que a imaxe social da enfermidade ten na persoa, e promover un cambio na percepción e estereotipos sobre o párkinson, unha enfermidade comunmente asociada ao envellecemento da persoa e á crenza de que o tremor é o síntoma que máis a representa. Con todo, 1 de cada 5 persoas ten menos de 50 anos no momento do diagnóstico, e un 30% das persoas non chegan a desenvolver nunca o tremor.

“Pon unha etiqueta positiva” pretende cambiar a percepción e estereotipos sobre o párkinson, mostrando a realidade de moitas persoas que afrontan con optimismo e positividade o seu proceso vital convivindo coa enfermidade. Unha mensaxe que ofrece á sociedade unha opción distinta para mirar á persoa poñendo unha etiqueta positiva. Así o presenta o anuncio da campaña, o cal é protagonizado por diferentes persoas con párkinson, lanzando unha potente mensaxe de empoderamento.

Coñece máis en: https://diamundialdelparkinson.org/