Nota de prensa
¨43 persoas con Esclerose Múltiple de Ourense beneficiáronse en 2023 do servizo de traballo social, grazas á ‘X Solidaria¨
- A actuación enmarcouse dentro do ‘Programa de atención integral a persoas con EM’, cofinanciado pola Xunta de Galicia a través dos fondos do 0,7% do IRPF e xestionados pola Federación Galega de Esclerose Múltiple (FEGADEM).
- A Asociación Ourensana de Esclerose Múltiple, Párkinson e Enfermidades Raras (AODEMPER) puido ofrecer o servizo grazas ás subvencións que as persoas contribuíntes derivaron marcando o cadro de ‘Actividades de interese xeral
consideradas de interese social’ na declaración da renda. - Este servizo tivo como obxectivos a mellora da autonomía persoal, facilitar o acceso a recursos sociais e fomentar a súa participación social, co fin de mellorar a calidade de vida das persoas con EM da comunidade galega.
A Asociación Ourensana de Esclerose Múltiple, Párkinson e Enfermidades Raras (AODEMPER) ofreceu este ano, dentro do ‘Programa de atención integral a persoas con EM’, mediante o cal, un total de 43 persoas e un familiar se beneficiaron del no primeiro trimestre do ano.
Dito programa foi cofinanciado pola Xunta de Galicia a través dos fondos do 0.7% do IRPF das persoas contribuíntes que marcaron o cadro de ‘Actividades de interese xeral consideradas de interese social’, a través da convocatoria de concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social. Esta subvención foi xestionada dende a Federación Galega de
Esclerose Múltiple (FEGADEM) a través do ‘Programa de atención integral a persoas con EM’.
O servizo, destinado ás persoas con Esclerose Múltiple de Ourense tivo por obxectivos:
- Potenciar a autonomía persoal, informar e facilitar o acceso aos recursos sociais máis axeitados en cada caso, favorecendo a vida independente.
- Proporcionar acompañamento para facilitar o proceso de adaptación á enfermidade tanto das persoas diagnosticadas como dos seu entorno.
- Facilitar o acceso a recursos e/ou derivar aos recursos específicos máis axeitados en cada caso.
- Contribuír a reducir a sobrecarga dos coidadores informais.
- Dar a coñecer a labor da asociación, contribuíndo á sensibilización e visibilización das enfermidades neurodexenerativas.
- Fomentar a participación social do colectivo evitando o illamento social.
A través do servizo de Traballo Social, AODEMPER ofrece apoio a persoas con diagnóstico de Esclerose Múltiple e ás súas familias ou coidadores, establecendo un primeiro contacto despois do diagnóstico. Durante esta etapa, se proporciona información sobre o funcionamento da entidade e os servizos dispoñibles en AODEMPER. Realízase unha avaliación social personalizada en cada caso, identificando as necesidades que requiren atención despois do diagnóstico social. O obxectivo é asegurar o pleno respecto dos dereitos das persoas e facilitar o acceso aos recursos necesarios.