Análise e detección das habilidades e necesidades dixitais das persoas con Párkinson
Co obxectivo de coñecer as habilidades e necesidades dixitais das persoas con párkinson e realizar un diagnóstico para deseñar accións adecuadas de capacitación dixital para o colectivo, a Federación Española de Párkinson (FEP) e as asociacións de párkinson, co apoio de UCB, poñemos en marcha esta enquisa, que avalía as habilidades e necesidades das persoas con párkinson. É anónima e as preguntas van dirixidas sempre á persoa afectada, aínda que sexa completada polo seu coidador/a ou familiar.
O tempo aproximado que se necesita para completar a enquisa é de 10 minutos.
Moitas grazas por participar, os teus comentarios axudarannos a deseñar futuras accións de capacitación dixital dirixidas ao noso colectivo: