Calendario Benéfico
Noticias

Noticias

15 de Decembro de 2022

Calendario Benéfico

O pasado luns día 12 de decembro tivo lugar a Presentación do Calendario Benéfico da AJE Ourense a favor de AODEMPER.

O proxecto, que fai homenaxe ás similitudes entre a nosa poboación destinataria e novas empresarias/os, foi elaborado por Alba Ferro, artista ourensá, vicepresidenta da AJE Ourense e socia de AODEMPER afectada de Esclerose Múltiple. Podedes coñecer máis sobre ela na súa páxina web: https://www.albaferro.es/ 

Xa podes facerche co teu calendario solidario por 10€ na tenda en liña de AJE Ourense https://ajeourense.com/producto/calendario-solidario/?preview=true, na sede de AODEMPER ou na Librería EIXO. Tamén estará dispoñible nos negocios de l@s novos empresari@s de Ourense que participaron como modelos nas fotografías Pronto anunciaremos novos puntos de venda!

A recadación íntegra destinarase ao mantemento dos servizos da entidade.