Campaña #CentimosSolidarios ata el 5 de maio
A compañía galega de distribución alimentaria Vegalsa Eroski xunto co seu socio Grupo Eroski, puxo en marcha, no marco do seu programa #CentimosSolidarios, unha nova causa de colaboración solidaria: axudar ás familias afectadas por enfermidades neurodegenerativas como #alzheimer, #parkinson, #esclerosismultiple, #enfermedadesneuromusculares e #esclerosislateralamiotrofica. A campaña estará activa nos supermercados da súa rede comercial ata o próximo 5 de maio.
Todas as doazóns que se reciban destinaranse a reforzar as actividades das asociacións galegas de pacientes que agrupa a Neuroalianza: Fegadem, Agaela, Fagal, Asem Galicia e as asociacións de Párkinson de Galicia (Vigo, A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Ferrol e Baixo Miño).