Día Internacional das Persoas con Discapacidade
Noticias

Noticias

  • Home
  • Eventos
  • Día Internacional das Persoas con Discapacidade
3 de Decembro de 2024

Día Internacional das Persoas con Discapacidade

O 3 de decembro, Día Internacional das Persoas con Discapacidade, tivemos o pracer de participar na iniciativa “Baixo o Mesmo Paraguas”.

Ás 12:00 horas, reunímonos na Praza Maior de Ourense para celebrar xuntos a diversidade, a inclusión e a visibilidade das persoas con discapacidade.

Dende a Asociación Ourensana de Esclerose Múltiple, Párkinson e Enfermidades Raras, estamos moi orgullosos de formar parte desta xornada especial. Foi unha experiencia xenial, chea de unión e solidariedade!