DÍA MUNDIAL DA ESCLEROSIS MÚLTIPLE
Noticias

Noticias

14 de Xuño de 2023

DÍA MUNDIAL DA ESCLEROSIS MÚLTIPLE

O día 30 de maio, con motivo do Día Mundial da Esclerose Múltiple, AODEMPER instalou unha mesa informativa no centro da cidade de Ourense, para dar visibilidade á enfermidade e dar a coñecer o labor da asociación. Nela participaron tanto profesionais como persoas voluntarias e usuarias de AODEMPER. Na mesa informativa atendeuse a todas aquelas persoas que se achegaron a interesarse pola asociación ou aqueles que quixeron realizar unha colaboración. Durante a noite, foron iluminados en cor vermella lugares emblemáticos da cidade: Puente Romano, edificio da Subdelegación do Goberno e edificio da Deputación Provincial de Ourense.

You must be logged in to post a comment.