Día Mundial do Párkinson
Polo Día Mundial do Párkinson instalamos unha mesa informativa na Rúa do Paseo con material da campaña #LaOtraCaradelParkinson da Federación Española de Parkinson (FEP). Ademais, solicitamos a iluminación do Puente Romano e dos edificios da Subdelegación do Goberno e a Deputación Provincial de cor azul (representativo da enfermidade). O noso obxectivo é dar visibilidade e sensibilizar sobre a enfermidade e as súas consecuencias.