Esta mañá tivo lugar a presentación da Andaina Solidaria de Nogueira de Ramuín no Pazo Provincial
O Concello de Nogueira de Ramuín, coa colaboración da Deputación de Ourense, celebrará o próximo sábado, día 26, a XI edición da súa Andaina Solidaria que este ano márcase como obxectivo recadar fondos para a nosa asociación.
A hora de comezo da andaina está fixada para as 10.00 horas con saída desde a praza de Luíntra. Ao igual que en edicións anteriores, e para que os participantes poidan adaptarse as súas condicións físicas, a organización deseñou dous percorridos: unha ruta curta de nove quilómetros e unha máis longa de ata 20. Para facilitar a colaboración con este iniciativa solidaria, o Concello de Nogueira de Ramuín tamén habilitou unha “fila cero”.
Para máis información:
http://www.nogueiraderamuin.gal/Noticias/FOLLA%20INSCRIP.%20E%20BASES%20ANDAINA%202022.pdf