¡Estivemos no IV Paseo da Saúde!
Noticias

Noticias

20 de Setembro de 2024

¡Estivemos no IV Paseo da Saúde!

O pasado 20 de setembro, dende AODEMPER, a Asociación Ourensá de Esclerose Múltiple, Párkinson e Enfermidades Raras, participamos no IV Paseo da Saúde na Avenida de Celanova, Valenzá-Barbadás.

Foi unha xornada especial na que tivemos a honra de recibir a visita do territorial de servizos sociais, quen tamén probou os nosos simuladores. Estes dispositivos permiten experimentar algúns dos síntomas que sofren as persoas con estas enfermidades, ofrecendo unha forma única de concienciar e comprender os retos que afrontamos día a día.

Moitas grazas a todas as persoas que se uniron a nós para promover a saúde, a prevención e a sensibilización, desfrutando das charlas, talleres, actividades e dunha merenda saudable.