GYNKANA NO CENTRO EDUCATIVO LUÍS VIVES EN OURENSE
Continuamos coas actividades de sensibilización educativa con motivo do vindeiro Día Mundial dá Esclerose Múltiple (30 de Maio)
Na mañá de onte asistimos aos cursos 6ºA e 6ºB de Primaria do colexio Luís vives en Ourense na que desenvolvemos unha gynkana, sobre a sintomatoloxía da Esclerose Múltiple (EM), na que houbo varias actividades simultáneas Mentres o facemos, as nenas e nenos aprenden valores tan importantes como a empatía, a cooperación, e o respecto
Estas dinámicas tiveron como obxectivo mostrar a realidade da patoloxía de forma diferente, para que lles permita experimentar aos/as alumnos/as a realidade dos/as pacientes de EM, en primeira persoa
Os/as nenos/as tamén tiveron a ocasión de preguntarlle as súas dúbidas a nosa voluntaria Cristina, que lles puido explicar aos nenos/as súas vivencias coa enfermidade.