Mesa Informativa Día Mundial da Esclerose Lateral Amiotrófica (ELA)
Noticias

Noticias

21 de Xuño de 2023

Mesa Informativa Día Mundial da Esclerose Lateral Amiotrófica (ELA)

O día 21 de xuño conmemorouse o Día Mundial da Esclerose Lateral Amiotrófica (ELA). Para elo, dende a AODEMPER e en colaboración ca Área de Humanización do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, instalamos unha mesa informativa no Edificio Cristal do CHUO.

Na mesa estiveron presentes persoas voluntarias da entidade e a profesional de Traballo Social. Ata a mesa achegáronse o Xerente do CHUO, o Traballador Social da Unidade de ELA e a Traballadora Social de Neuroloxía.

En colaboración con AGAELA, tamén nos adherimos a campaña #LuzPorLaELA, na que se iluminaron algúns lugares emblemáticos da cidade pola noite, coma a Ponte Romana, o Edificio da Subdelegación do Goberno, o Edificio da Deputación de Ourense ou o propio edificio do CHUO.