Nosa labor no CHUO Ourense
Noticias

Noticias

4 de Novembro de 2024

Nosa labor no CHUO Ourense

O 4 de novembro, dende a Asociación Ourensá de Esclerose Múltiple, Párkinson e Enfermidades Raras tivemos a oportunidade de presentar o noso labor no CHUO Ourense ao alumnado de 3º de Enfermaría.

Durante a charla, compartimos os servizos, actividades e programas que ofrecemos para apoiar ás persoas afectadas. Ademais, unha das nosas socias compartiu a súa experiencia persoal, achegando unha visión única sobre o que significa vivir cunha destas enfermidades.

Para pechar a xornada, organizamos unha divertida xincana onde o alumnado puido experimentar, a través de simuladores, algúns dos síntomas da esclerose múltiple.

Unha experiencia inesquecible!