Proxecto de Dixitalización de AODEM
Noticias

Noticias

30 de Marzo de 2021

Proxecto de Dixitalización de AODEM

AODEM vai iniciar un proxecto de dixitalización chamado “UnióNet: programa de intervención biopsicosocial con persoas afectadas por Esclerose Múltiple, Párkinson e Enfermidades Raras do medio rural e urbano da provincia de Ourense e familiares ou coidadoras/é a través das TIC desde a perspectiva da Educación Social” do que se beneficiarán ao redor de 166 socias/os. Este proxecto é posible co cofinanciamento da Xunta de Galicia de 12.000€

procedentes da convocatoria (xestionada por COGAMI) de subvencións que as persoas contribuíntes derivan marcando a #XSolidaria na declaración da renda.