Recoñecemento ao noso labor
No marco da entrega de galardóns do 40º Concurso da Constitución, celebrado o pasado 6 de decembro no Auditorio de Ourense, a nosa asociación, AODEMPER (Asociación Ourensá de Esclerose Múltiple, Párkinson e Enfermidades Raras), recibiu unha mención especial polo noso compromiso e dedicación ás persoas que máis o necesitan.
Este recoñecemento énchenos de orgullo e motivación para seguir traballando pola nosa comunidade. ¡Grazas a todas e todos polo voso apoio constante!