Recordos dunha noite inesquecible
A gala benéfica do 28 de novembro foi unha velada chea de maxia e emoción no Teatro Principal de Ourense. Un auténtico éxito!
Contou coa obra “Tal carro vai como estadullos leva”, a cargo do grupo Silvardeiras. E coa posta en escena de “Abordaxe”, creada e representada polas nosas socias e socios.
Grazas a todas as persoas que nos acompañaron e fixeron posible esta velada tan especial.