Taller de fortalecemento con banda elástica
Dende o Programa de Fisioterapia de AODEMPER organízase o Taller de Fortalecemento con Banda Elástica dirixido a pacientes con Esclerose Múltiple. Terá lugar todos os mércores do mes de maio (días 4, 11, 18 e 25) en horario de 09:30 a 11:00h no salón de actos do edificio de AIXIÑA. As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición. Para máis información: fisio@aodemper.com