Excursión a Santiago de Compostela “CaminEMos por la Esclerosis Múltiple”
Noticias

Noticias

  • Home
  • Sin categorizar
  • Excursión a Santiago de Compostela “CaminEMos por la Esclerosis Múltiple”
3 de octubre de 2022

Excursión a Santiago de Compostela “CaminEMos por la Esclerosis Múltiple”

O domingo día 16 de outubro AODEMPER marcha de excursión a Santiago de Compostela no marco da Campaña “CaminEMos por la Esclerosis Múltiple” de AEDEM-COCEMFE.

A actividade non só inclúe andaina e concerto, senón que é un espazo de encontro entre persoas con esclerose múltiple pertencentes ás distintas asociacións que formamos parte da FEGADEM.

A Xunta de Galicia pon á nosa disposición un autobús de 60 prazas (dispoñible durante todo o evento).

Programa:

08:30h – Saída dende o Parque de San Lázaro.

10:00h – Andaina dende o Monte do Gozo ata a Praza do Obradoiro (4km) acompañando a ACEM Santiago nun percorrido accesible.

12:00h – Concerto do grupo “Los Mecánicos” e peche da campaña na Praza da Quintana.

14:30h – Comida no Hotel Congreso.

17:30h – Viaxe de volta con chegada ao Parque de San Lázaro ás 19:00h (aprox.).

Inscricións ata o 5 de outubro!

Máis información en:

esocial@aodemper.com

988 25 22 51; 636 49 06 27