2 Paseo pola Saúde 
Noticias

Noticias

19 de septiembre de 2023

2 Paseo pola Saúde 

Anota: Sábado 30 de setembro. 10.00 diante de Salesianos. Volta o Paseo da Saúde! Naceu o pasado ano como unha necesidade de celebrar a vida tras máis de dous anos de pandemia e separación e desbordou as expectativas con máis de 500 inscritos.

Organizado polo Consello Asesor de Pacientes da Área Sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras, xunto co Servizo de Atención ao Paciente, o sábado día 30 de setembro, o segundo “Paseo pola Saúde” será unha xornada de lecer e encontro entre profesionais da saúde e pacientes, para a promoción dos hábitos saúdables e celebrar a vida e a saúde comunitaria.

Con saída ás 10.00 horas desde o punto de partida no acceso á Ponte Vella (Salesianos) a andaina trascurrirá pola beira do Miño, ata o Tinteiro, nunha versión curta, ou ata o Muiño da Veiga, de 8 Km. ida e volta. A inscrición é gratuíta, na dirección: atencionpaciente.chou@sergas.es ou chamando ao teléfono 988 388 515.

No punto de encontro de ambas rutas, no Tinteiro, teremos a actuación da banda de música Santádega, obradoiros de prevención, primeiros auxilios e marcha nórdica, grazas a participación dos grupos de traballo de saúde comunitaria Salubrízate e Pupas, e a Asociación de Escaladores Ourensáns-Marcha Nórdica, ademais colaboración da Fundación Dorzán, Cruz Vermella, Vía Auria, Asociación Apetéceme ser Amigo da Área Sanitaria de Ourense, Ambulacias Burgas, Protección Civil de Ourense e Concello de Ourense.

Ademais da festa do encontro, o paseo serve para poñer en contacto a pacientes, asociacións e profesionais precisamente nunha receita común e positiva en calquera idade e condición física, un paseo ao ar libre, socializar e tamén participar.