A iniciativa solidaria “Pedaleando por el Párkinson” chega a Ourense
A iniciativa solidaria “Pedalear por el Párkinson – Young Parkies Portugal” chegou o sábado día 15 de xullo a Ourense. Esta iniciativa está promovida por Filipe Gaivão, que decidiu embarcarse na súa bicicleta para dar visibilidade ao Párkinson en apoio á Young Parkies Portugal, con paradas en diferentes ciudades dende Londres a Lisboa.
Os encargados de recibilo foron o presidente en función do Inorde, Rosendo Fernández e a xerente Emma González; acompañados pola vocal de AODEMPER Socorro Fernández e os socios Manuel de Santos e Enrique Pereira.