Celebración do 50 aniversario da empresa Galfor.
Noticias

Noticias

17 de junio de 2023

Celebración do 50 aniversario da empresa Galfor.

O sábado 17 de xuño estivemos na celebración do 50 aniversario da empresa Galfor, situada no Polígono Industrial de San Cibrao das Viñas. A vicepresidenta, Dolores Jovita Alonso González, e a vocal da Xunta Directiva de AODEMPER, Socorro Fernández Rodríguez, participaron a través dunha mesa informativa no espazo dedicado a entidades sociais colaboradores de Galfor.

Na mesa, ofreceuse información a tódalas persoas que se interesaron pola nosa labor, sobre o traballo que levamos a cabo, os programas e os obxectivo que perseguimos.