
No ano 2014 o Concello de Nogueira de Ramuín organizou unha actividade deportiva solidaria na que unha
parte da recadación das inscricións foi doada á nosa asociación. Por mor desta iniciativa,
AODEMPER puxo en marcha a campaña “Concellos Solidarios” e, na actualidade, xa son 11 os concellos
ourensáns que se sumaron á nosa causa.
Agradecemos enormemente poder contar o apoio e colaboración das entidades locais para a creación dunha
sociedade máis xusta e solidaria, que dá visibilidade e empatiza coas persoas afectadas polas enfermidades
neurodegenerativas coas que traballamos.
Encantaríanos conseguir que todos os concellos, e outros organismos públicos da provincia, adherísense
a esta campaña. Só a unión fai a forza e, cuantos máis sexamos, máis preto estaremos de conseguir nosa
misión: mellorar a calidade de vida das persoas con Esclerose Múltiple, Párkinson e Enfermidades Raras e as súas
familias.
COLABORA
Axudanos a axudar
Para colaborar co noso proxecto interdisciplinar:
Saber mais