Charla informativa
Noticias

Noticias

9 de Maio de 2024

Charla informativa

Dende AODEMPER, convidámosvos a unha charla informativa aberta ao público en xeral que será impartida por Mª Xosé Vázquez Vázquez, Traballadora Social do SERGAS.

A charla ten como obxectivo proporcionar información relevante sobre o Documento de Instrucións Previas, un documento legal que permite ás persoas expresar as súas preferencias médicas en caso de non poder comunicarse por si mesmas no futuro.

Esperamos a vosa asistencia e confirmación con antelación!