Paseo pola Zona vella de Ourense
Noticias

Noticias

7 de Xuño de 2022

Paseo pola Zona vella de Ourense

Hoxe realizamos un percorrido cultural pola zona vella de Ourense da man dunha persoa licenciada en Historia que, de forma altruísta, ofreceuse a informar á nosa poboación destinataria sobre a “Xeración Nós”. Durante o paseo, os participantes tiveron a oportunidade de ler algúns pequenos fragmentos de diferentes obras de autores galegos como Vicente Risco ou Ramón Otero Pedrayo.